Ir ó contido
  1. Presentacións/

Introdución á simulación de circuítos electrónicos con ngspice e KiCAD

1 min·
José M. Mariño
Spice Ngspice Kicad
José M. Mariño²
Autor
José M. Mariño²
Eu antes era moi indeciso. Agora xa non estou tan certo.
Táboa de contido
Pon a proba os teus deseños.

Pois xa non contaba eu con volver a publicar nada nesta sección, pero eche ben certo que non se pode dicir “desta auga non beberei” nin “este cura non é meu pai”…

Estaba eu escribindo a ratos nun pequeno minicurso de electrónica para a wiki de Bricolabs e cheguei ó punto de ter que decidir como ía poñer as gráficas necesarias para ilustralo. Dubidaba entre facer as curvas con Octave, ou directamente facer os esquemas en KiCAD e simulalos.

Facía case mil anos que non tocaba un programa de simulación electrónica. Na universidade vimos un pouco de Pspice, nada máis. Así que me puxen a argallar con ngspice e acabei redactando unha pequena (escacho coa risa) presentación. Non contempla un uso avanzado da simulación (nada de Montecarlos nin cousas así), pero para facerse unha idea penso que é dabondo.

ngspice
#

ngspice é un herdeiro do SPICE orixinal. Hoxe en día hai varias aplicacións de simulación electrónica, e a que temos dispoñible nos repositorios de Linux adoita a ser esta. Ademáis, KiCAD incorpora tamén ngspice para poder simular directamente dende dentro do editor de circuítos.

Descarga
#

Aquí tedes o documento.

Relacionados

Circuitos de protección contra polaridade inversa
25 mins
José M. Mariño
A lavadora recalcitrante
21 mins
José M. Mariño
Reparación Fagor Lavadora F-2812 V3FA-UNIV
Linux no Toshiba Satellite 2450-101
14 mins
José M. Mariño
A miña historia coa informática
9 mins
José M. Mariño
The One Pill
2 mins
José M. Mariño
PCB Stm32
Teclado MIDI capacitivo
2 mins
José M. Mariño
Midi Mpr121 Rp2040