Ir ó contido
  1. Proxectos/

PCB de adestramento para STM32 e dispositivos I2S

3 mins·
José M. Mariño
Stm32 I2s
José M. Mariño²
Autor
José M. Mariño²
Eu antes era moi indeciso. Agora xa non estou tan certo.
Táboa de contido
Facede máis ruído!

Xa sabedes o de que non hai dúas sin tres. Pois tampouco hai unha sen dúas. Cando fai máis dun ano impartín a charla en Bricolabs sobre o procesado de son cos microcontroladores STM32, pasou o que tiña que pasar: unha, que a miña estimación do tempo necesario era máis ca optimista (pero iso xa mo cheiraba, porque é algo que me pasa sempre); e dúas, que o hardware deu algún problemiña que outro (cousa que non descartaba tampouco totalmente).

Fóra breadboards, sexamos profesionais.
#

A calidade das breadboards que se poden comprar nese sitio da rede que sabemos todos e que comeza por Ali… non é a mellor do mundo, a verdade. E pode sorprender nun primeiro momento, pero un mal contacto pode dar moita guerra máis aló de que algo que debería acenderse non o faga. As lecturas dun potenciómetro posto a cero poden oscilar nunhas cantas décimas de voltio, por citar un dos primeiros efectos que sufrín. Resulta curioso que unha lectura do ADC saque un valor de 400 e pico cando tiña que dar cero, ou que se quede bastante por debaixo do fondo de escala cando debería saír ao máximo.

Se temos en conta o número de conexións que se fan para un só exercicio, multiplicado polo número de participantes cadanseu coa súa breadboard, e pola probabilidade de que haxa algunha mala conexión, o resultado é que fan falla bastantes máis horas para poder, non xa impartir con profundidade cada tema -para iso tampouco hai profesor, tamén hai que dicilo-, senón sequera poder ver todos os exercicios un a un.

Unha plaquiña sempre é cousa boa.
#

Non vos era eu moi amigo de facer unha PCB só para algúns exercicios. Pareciame algo esaxerado deseñar unha PCB sen nenguna finalidade práctica determinada. Pero a fin de contas as breadboards que usara para a elaboración do curso e a súa impartición seguían na bolsa tal cual as deixara, co que o conto era o mesmo. E as PCBs son bastante baratas hoxe en día. Así que me puxen a deseñar unha PCB para poder facer os exercicios do curso, con algunha pequena modificación que outra. Engadín a posibilidade de conectar (un pouco en precario) un módulo co PCM1808 que é un ADC (no curso só se contemplaban os micrófonos como entrada de audio) e tamén un conector PMOD para placas coma esta PMOD I2S2 de Digilent, e tamén jumpers e microswitches para poder conectar e desconectar cousas en función do exercicio.

Certificación OSHWA.
#

Xa vou tomando como rutina a de solicitar a certificación da OSHWA. En concreto, este proxecto ten o número de certificación ES000056.

Actualización do curso.
#

Non sei se ampliar, pero dende logo si que vai ser preciso actualizar a presentación. Polo menos para explicar como hai que configurar os jumpers en cada caso. Seguiremos informando.

Descarga
#

O deseño da PCB está publicado en Gitlab, nesta ligazón.

Relacionados

Introdución ao procesado de son con microcontroladores STM32 e dispositivos I2S
3 mins
José M. Mariño
Stm32 I2s
Introdución á simulación de circuítos electrónicos con ngspice e KiCAD
1 min
José M. Mariño
Spice Ngspice Kicad
The One Pill
2 mins
José M. Mariño
PCB Stm32
Teclado MIDI capacitivo
2 mins
José M. Mariño
Midi Mpr121 Rp2040
WHAMMY
4 mins
José M. Mariño
Amplificador Auriculares Audio Clase A
Circuítos de protección contra polaridade inversa
25 mins
José M. Mariño